A DO RIBEIRO FUSIONASE CON SEIS BANDAS DE ROCK NO NAUTICO DE SAN VICENTE DO MAR
Viña Costeira, Pazo Casanova, Gran Gandarela, Finca Viñoa, Casal de Armán e Alberte harmonizarán os seus viños coa música de Ken Stringfellow (The Posies), Ataque Escampe, Terbutalina, Os Amigos dos Músicos, Alex Casanova e Blues do País.
Esta peculiar fusión de culturas e emocións sucederá o próximo 18 de xullo na II edición do Festival Ribeiro Son de Viño, dará comezo as 13.00 horas e finalizará de madrugada e terá lugar no Náutico de San Vicente do Mar (O Grove). Durante todo o tempo que dure este encontro único entre música e viño, os asistentes serán os verdadeiros protagonistas, xogando a harmonizar os viños con cada un dos concertos do día.
Ademais das adegas participantes con barra, a diversidade en canto a viños do Ribeiro está garantida cunha barra na que se poderán degustar máis referencias da zona como: A Telleira, Canción de Elisa, Carlos Villanueva, Cuñas Davia, Cuqueira, Gran Alanís, Manuel Rojo, Máis de Cunqueiro, Ramón do Casar Treixadura, Terra do Castelo Sensación, Terra do Castelo Treixadura, Val de Souto, Viña Farnadas e Viña Mein.
O xogo estará en fusionar viño e música durante toda a xornada, que tamén contará, como novidade, coa realización dunha charla interxeracional entre músicos e adegueiros. Nesta conversa, aberta ao público, debaterase sobre a situación da cultura do viño entre os máis novos, coñeceremos as reflexións de músicos e adegueiros e buscarase a participación activa de todos os asistentes, a través dunha cata dirixida dalgúns dos viños protagonistas.
Unha fusión única nun entorno de excepción, todo isto é o Ribeiro Son de Viño.
RIBEIRO SON DE VIÑO 2015. NÁUTICO DE SAN VICENTE DO MAR
13.00. BRINDE D.O. RIBEIRO. APERTURA CON CASAL DE ARMÁN (Ribadavia, Ourense)
Casal de Armán é un proxecto que nace a finais dos anos 90, pero que pertence á cuarta xeración dun grupo familiar que ven elaborando viños no Ribeiro dende finais do século XIX. Ilusión, traballo e paixón polo mundo do viño son os alicerces sobre os que se asenta o proxecto Casal de Armán.
14.30. TERBUTALINA, flamantes gañadores dos premios UFI ao mellor álbum en galego, incendiarán actitudes e contaxiarannos da súa para comezar a afrontar a xornada.
16.00. BLUES DO PAÍS. Unha das nosas bandas máis orixinais elixirán un recuncho moi especial do Náutico de San Vicente para o primeiroconcerto da tarde.
17.00.Viño e mocidade en Galicia, Conversas para atallar a ruptura xeracional. Encontro arredor dun Ribeiro para debater entre todos o problema da ruptura xeracional entre os mozos e a cultura do viño.
Participan:
- Miguel Ángel Viso Diéguez, presidente do C.R.D.O. Ribeiro.
- Argimiro Levoso de Viña Costeira.
- Trini Sarmiento de Pazo Casanova.
- Samuel Solleiro e Miguel Mosqueira de Ataque Escampe.
- Alex Casanova.
- Samuel L. Paris e Brais de Terbutalina.
Modera: Cristina V. Miranda
Durante a charla, os asistentes terán que adiviñar mediante unha cata a cegas cal é o viño Pazo Casanova e cal é o Colección 68.
18.30. Ataque Escampe, posiblemente a banda de pop coas mellores letras do país darán un novo significado ás míticas tardes de praia na Barrosa, non recomendamos aos bañistas afastarse demasiado da orela durante o concerto.
20.00.Cata BRINDE FINAL DO RIBEIRO CON VIÑOS ALBERTE E GRAN GANDARELA
GRAN GANDARELA (Toén, Ourense)
Situada nas ladeiras da marxe esquerda do río Miño, foi fundada fai 17 anos, Gandarela nace despois dunha longa traxectoria familiar, onde a elaboración do viño mantén as formas tradicionais do ‘bo facer’ pasando de pais a fillos, chegando aos nosos días, grazas a un bo traballo en equipo, inmerso neste apaixonante proxecto.
ALBERTE (Arnoia, Ourense)
Coas mellores materias primas, unha vinificación tradicional e a aplicación dos últimos avances tecnolóxicos cos que están dotadas as nosas instalacións, Bodegas Nairoa elabora dende 1999 viños de alta expresión, persoais, complexos e harmónicos.
21.00. Os Amigos dos Músicos. Temos nova superbanda en Galicia e Ribeiro Son de Viño ofréceche unha das primeiras oportunidades de coñecelos e querelos, mentres o sol comeza a poñerse na praia da Barrosa.
22.00.The Mocker Djs. Folclore popular dende Galicia a Nashville pasando por Manchester. Música bonita para quen queiran seguir gozando do aire libre na Barrosa.
23.30. Ken Strinfellow. Sobran as presentacións para o que foi líder dos imprescindibles The Posies e membro da lendaria banda Big Star. Esta é a súa primeira vez no Náutico e asegura que está nervioso por coñecer este mítico lugar, porque non sabe o nerviosos que estamos nós por recibilo.
01.30 Alex Casanova debería pechar todos os festivais do mundo. Este compostelán chamado a converterse en estrela mundial do trash pop e tamén culpable do himno deste verán, Xeado de Limón non se vai separar de ti ata que por fin o bailes na noite do 18.
02.30- fin NANO VINILO dj.Con máis de 20 anos pinchando, este galego que revolucionou a escena dende o mítico local grovense Vinilo (2000-2011) alongará a noite todo o que lle deixemos cunha «sesión ecléctica, bailonga e gamberra».
COÑECE MÁIS SOBRE OS VIÑOS QUE PODERÁS CATAR NO RIBEIRO SON DE VIÑO VISITANDO A PÁXINA WEB DO FESTIVAL: http://ribeiro.es/festivalsondevino/programacion/bodegas/
VIÑA COSTEIRA
Viña Costeira (Ribadavia, Ourense)
A adega foi fundada en 1968. Dous anos despois do seu nacemento lanzou ao mercado a marca Pazo, o primeiro ribeiro embotellado e etiquetado. Paralelamente impulsouse a recuperación de variedades autóctonas da zona e se investiu na adega para a modernización das técnicas de elaboración.
PAZO CASANOVA (Santa Cruz de Arrabaldo, Ourense)
Sociedade familiar constituída no ano 2000 que elabora viños de alta calidade baseados na riqueza varietal autóctona e nas extraordinarias condicións do chan do Ribeiro. Conta con dez hectáreas de viñedo propio das castes Treixadura, Albariño, Godello y Loureira, orientadas ao sur e o poñente, protexidas polas murallas do Pazo Casanova (s. XVIII).
FINCA VIÑOA (O Carballiño, Ourense)
Finca Viñoa é unha propiedade de dez hectáreas nas que se cultivan treixadura, godello, albariño e loureira, castes que posúen aromas intensos, unha complexa mineralidade e unha acidez exquisita e equilibrada. Vinte e tres terrazas situadas en chan granítico e de xistos precipítanse dende os 325 ata os 150 m de altura, mirando con orgullo cara o privilexiado e historicamente recoñecido Val do Avia.
MÁS INFORMACIÓN
686 702587