RIBEIRO PRESENTA A SUA CANCION DE NADAL DA MAN DO SEU INTERPRETE O CANTANTE CORDOBES NACHO LOZANO
O Consello Regulador está inmerso no desenvolvemento dun concurso de panxoliñas para profesionais ou amateurs que compoñan ou versionen algunha canción incluíndo “Ribeiro é o mellor” en algún idioma
O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro ven de desvelar hoxe a súa canción de Nadal para estas datas tan sinaladas da man do seu intérprete, o cantante cordobés Nacho Lozano. O evento tivo lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense e estivo presentado polo comunicador radiofónico Vidal López. Os interesados poderán consultar toda a información na páxina web www.movimientoribeiro.com e o vídeo poderá verse no enlace https://youtu.be/K9lwDr5-XBE que entre todos faremos viral nas redes sociais.
Así mesmo, pola noite o cantante dará un concerto en acústico no que incluirá a canción de Nadal do Ribeiro. O evento terá lugar na Sala Urbe (antiga discoteca Capital) con apertura de portas ás 21.00 horas.
Concurso de Panxoliñas “Ribeiro é o mellor”
O C.R.D.O. Ribeiro está a levar a cabo un concurso de panxoliñas con motivo de intensificar a canción para estas datas tan sinaladas, dirixida tanto para profesionais como para amateurs. O concurso ten dúas modalidades, por un lado infantil/xuvenil (ata 18 anos) e por outro para adultos.
Están permitido que participen individuais, dúos ou grupos de máximo 30 compoñentes. E terán que versionar ou compoñer unha canción de Nadal incluíndo a frase “Ribeiro é o mellor” en algún fragmento no seu libre estilo e idioma.
As inscricións realizaranse durante todo o mes de decembro, pechándose o prazo o último día do ano ás 23.59 horas. Para participar deberán enviar a canción en arquivo de vídeo ou audio á dirección de correo electrónico concurso@ribeiro.es.
Os gañadores, que se anunciarán o seis de xaneiro de 2016 elixidos por un xurado composto por profesionais da industria musical, obterán os seguintes premios:
Categoría infantil/xuvenil:
1º Premio: xornada no Ribeiro, incluíndo un paseo en catamarán.
2º Premio: día coñecendo o Ribeiro con xogos e actividades.
Categoría de adultos:
1º Premio: fin de semana no Ribeiro e invitación para actuar no III Festival “Ribeiro Son de Viño” de O Grove.
2º Premio: fin de semana no Ribeiro e lote de viños.
A letra da canción
Levantemos un Ribeiro
sírvase bien generoso
la Navidad es compartir
hoy todo el mundo brinda aquí
Ribeiro en mano así brindamos
Y a todo el mundo bien deseamos…
Y es que el Ribeiro es lo mejor
que siempre reine el buen humor
Qué puede haber de más valor
que un buen Ribeiro inspirador?
Viva viva
Ribeiro
A beber a beber y a brindar
históricas viñas son
la elección para el buen paladar
Las manos, la tierra y el sol
A beber a beber y a brindar
con buen Ribeiro mejor
que la vid de la tierra tendrá
esencia galega en nós
Ribeiro en Navidad
ideal combinación
Hay calor en el hogar
Ribeiro es emoción
Y el vino llegará
con alma al corazón
sin miedo cantarás
RIBEIRO ES LO MEJOR!
O intérprete das moitas voces
Nacho Lozano é un mestre, cantautor e imitador cordobés. Creador da web www.tupropiacancion.com, e do grupo de animación infantil “Encantapeques”. Actualmente terminando de cadrar todas as datas para o seus show de imitacións en directo que leva por título “Gira Libre” donde da voz a máis de 60 artistas. Ao mesmo tempo compaxina a súa xira colaborando cun traballo de «dobraxe» con Aqualiaum para Leplan e Disneyland Paris nunha xira de eventos para touroperadores por toda España.