PRETO DE 175 VIÑOS VALDEORRESES DISTINGUIDOS NA GUÍA DE VIÑOS, DESTILADOS E AUGARDENTES DE GALICIA 2025
- A publicación, promovida polo recoñecido sumiller Luis Paadín, edita este ano 27.500 exemplares de 560 páxinas cada un
- Recoñece máis de 2.000 referencias de toda Galicia cos seus diferentes distintivos: Gran Ouro, Ouro +, Ouro e Prata
- No territorio amparado valdeorrés un total de 27 referencias vinícolas acadan a máxima distinción outorgada pola publicación
A prestixiosa Guía de Viños, Augardentes e Destilados de Galicia, promovida polo recoñecido sumiller Luis Paadín, acredita na súa edición de 2025 ata 174 viños da D.O. Valdeorras cos seus diferentes selos. Neste sentido, 27 referencias valdeorresas acadan o marchamo Gran Ouro; 44 reciben a distinción Ouro +; 77, a de Ouro e 26, a de Prata.
O presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, Marcos Prada, reivindica a “relevancia desta guía dentro do sector vitivinícola galego” polo seu “acreditado prestixio editorial” tras a visita que os editores da publicación, Luis e Alejandro Paadín, realizaron hoxe ás dependencias do organismo en Vilamartín de Valdeorras onde foron recibidos por técnicos do Consello.
Mapas de cada D.O.
A edición de 2025 da publicación, da que xa se editaron 27.500 exemplares, contén 560 páxinas a toda cor e distingue preto de 2.000 referencias de viños e destilados de toda Galicia, procedentes de máis de 500 bodegas e empresas comercializadoras.
A Guía de Viños, Destilados e Bodegas de Galicia 2025 inclúe tamén mapas climáticos e pluviométricos de cada territorio amparado galego, así como outros de carácter litolóxico e de releve das diferentes denominacións de orixe vitivinícolas da comunidade.
Máxima distinción en Valdeorras: relación de referencias
Na presente edición da publicación, os viños distinguidos co máximo selo de calidade -Gran Ouro- dentro da D.O. Valdeorras son os seguintes:
BRANCOS
- 200 Cestos de A Coroa 2022
- A Traba 2023
- As Sortes Val do Bibei 2022
- Avancia 2021
- Avancia Nobleza 2022
- Brinde Reserva 2014 Brut (Escumoso)
- Casal Novo Malladín 2023
- Codos de Larouco 2022
- Finca Trasdairelas 2023
- Godeval 1986 2019
- Godeval Revival 2022
- Guitián +50 Meses 2019
- Luar do Sil Sobre Lías 2022
- Regueirón 2022
- Sorte Antiga 2022
- Sorte O Soro 2022
- Tostado de Seadur 2021 (Tostado)
- Vibar 2022
- Viñaredo A Cercada 2023
TINTOS
- A Coroa Ladeira Vella 2020
- A Vileira As Ermitas 2022
- Alán de Val Castes Nobres 2021
- Casal Novo Merenzao 2022
- Lagar do Cigur Crianza Selección Mary Ginzo 2015
- Taté 2021
- Traste 2019
- Vella da Chaira do Ramiriño 2022